bergdama
bergdama
-
adx
Relativo ou pertencente aos bergdamas.
-
s
Individuo do pobo bergdama.
-
s
[ETN]
Pobo das rexións montañosas centrais de Namibia que en 1982 agrupaba a 88.000 individuos. Aínda que se descoñece a súa orixe, probablemente se trate dunha poboación prebantú. Orixinariamente vivían da recolleita e da gandería vacúa; sen embargo, mentres estiveron sometidos á dominación dos herero, traballaban os metais. A lingua é unha variante do nama, que non falaban orixinariamente senón que lles debeu chegar a través dos grupos khoikhoi veciños.