bergdama

bergdama
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos bergdamas.

  2. s

    Individuo do pobo bergdama.

  3. s [ETN]

    Pobo das rexións montañosas centrais de Namibia que en 1982 agrupaba a 88.000 individuos. Aínda que se descoñece a súa orixe, probablemente se trate dunha poboación prebantú. Orixinariamente vivían da recolleita e da gandería vacúa; sen embargo, mentres estiveron sometidos á dominación dos herero, traballaban os metais. A lingua é unha variante do nama, que non falaban orixinariamente senón que lles debeu chegar a través dos grupos khoikhoi veciños.

Palabras veciñas

Bergara | Bergara, convenio de | Bergazo | bergdama | Bergen | Bergen | Bergen, Candice