besadista

besadista

(< antropónimo A. G. Besada)

adx

Aplicado a aquelas persoas que contactaban coa poboación para conseguir votos a favor de Augusto González Besada, membro do Partido Conservador e protexido de Reimundo Fernández Villaverde. Este obtivo a representación do distrito de Cambados de 1899 a 1905. A súa función foi moi importante dende a aprobación da lei de sufraxio universal en 1890; os seus seguidores adoitan ser médicos, clérigos ou prestamistas vinculados ao Partido Conservador.

Palabras veciñas

2 besa* | Besada | Besada | besadista | Besalú | Besançon | Besant, Annie Wood