Betanzos

Betanzos
  1. [ONOM]

    Apelido de orixe toponímica. A etimoloxía deste nome de lugar é escura. con todo , como apelido xa se atesta dende o s XII: “Petrus Tinosus de Betanzos” (doc ano 1199 en P. García de Loscertales Tumbos del Monasterio de Sobrado de los Monjes I, 1976, p 243.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que se estableceu en Baión, Vilagarcía de Arousa. Ás veces, os brasóns desta caste téñense confundido cos dos Andrade, probablemente por pertencer Nuño Freire de Andrade á fortaleza de Betanzos. Seica foi Gonzalo Díaz de Betanzos o primeiro en abandonar o apelido de Andrade e empregar o de Betanzos. As súas armas levan: en campo de azul, sete veneras de ouro, en tres paos de dous, tres e dous; bordo de prata, con oito aspas de goles. Algunha variante trae, en campo de prata, tres faixas de azul, ondeadas. Outros levan: en campo de ouro, tres leóns rampantes de goles, ben ordenados. Hai quen reseña outro escudo: en campo de sinople, un uz de ouro. Tamén se recolle un escudo partido: primeira partición, en campo de goles, cun castelo sobre rochas da mesma cor; segunda partición, en campo de sinople, cunha banda de ouro, engulida en cabezas de dragantes de sinople, perfiladas de ouro; bordo de prata coa lenda “Ave María Gratia Plena”.

Palabras veciñas

Betanzos | Betanzos | Betanzos | Betanzos | Betanzos | Betanzos | Betanzos e a súa comarca