Bibliotheca Hispana Vetus
Bibliotheca Hispana Vetus
Repertorio biobibliográfico, por orde cronolóxica, dos escritores da Península Ibérica dende a época de Augusto ata o 1500, redactado por Nicolás Antonio e editado postumamente en Roma no 1696 por conta do cardeal Xosé Sáez de Aguirre. Corrixida e aumentada por Francisco Vicente Pérez e Baier, foi reeditada, conxuntamente coa Biblioteca Hispana Nova, en 1788 en Madrid pola viúva de J. Ibarra.