Biblos

Biblos

Antiga cidade fenicia da costa do Líbano, ao N de Beirut, na actual Ǧ ubayl. As escavacións puideron amosar unha sucesión de cidades dende o Neolítico, pasando por unha primeira etapa calcolítica (3800-3200 a C) preurbana e varias épocas de progresiva urbanización, ata a conquista por parte dos amorreos (cara ao 2000 a C). Posteriormente, Biblos sufriu a dominación dos hicsos, dos exipcios e dos pobos mariños, ata a ocupación asirio-babilónica (ss VII-VI a C), continuada pola invasión persa e o ingreso no mundo helenístico. Activa cidade mercantil, foi centro do comercio do papiro e do seu nome foron derivando os termos gregos βίβλος e βιβλίου ‘libro’.