Bibliothèque Royale Albert I
Bibliothèque Royale Albert I
Biblioteca pública con sede en Bruxelas. Ten a súa orixe na antiga biblioteca da casa ducal de Borgoña, fundada por Filipe o Bo no s XV. Máis tarde, Filipe II de Castela estableceu a primeira biblioteca real en Bruxelas, pero despois da Revolución Francesa os libros foron dispersados. No 1837, o goberno belga reuniuna de novo e, engadíndolle os fondos de varias casas relixiosas secularizadas, organizou a actual biblioteca. Funciona a xeito de biblioteca nacional do estado belga. Posúe ao redor de 3 millóns de volumes.