bilingüe

bilingüe

(< lat bilingue ‘que ten dúaslinguas’)

  1. adx

    Que está escrito ou expresado en dúas linguas.

    Ex: As editoriais galegas xa levan publicado varios dicionarios bilingües en galego e en castelán.

  2. adx

    Que fala ou se desenvolve con facilidade en dúas linguas.

    Ex: O posto de traballo esixía un director comercial bilingüe en galego e francés.

  3. adx

    Que se caracteriza pola existencia do bilingüismo, especialmente se falamos dun territorio lingüístico.

    Ex: No conxunto estatal hai moitas zonas bilingües.

Palabras veciñas

bilín | bilinear | bilinga | bilingüe | bilingüismo | bilioso -sa | biliproteido