bilioso -sa
bilioso -sa
(< bile)
-
adx
Que ten abundancia de bile.
Ex: Foi ó medico depois de varios vómitos biliosos.
Confrontacións: biliar. -
adx
Que está causado por un exceso de bile.
Ex: Tiña unha doenza biliosa.
-
adx
[PSIC]
Tipo de temperamento definido por Hipócrates para referirse aos individuos nos que na súa fisioloxía a bile é un factor dominante. Son suxeitos fracos, pesimistas e coa cara pálida e amarelenta. Este concepto, cientificamente obsoleto, persiste na linguaxe popular.
-
adx
Que se caracteriza pola súa irritabilidade.
Ex: O seu forte carácter bilioso impide que teña moitos amigos.
Sinónimos: irascible.