blasfemia

blasfemia

(

  1. s f [RELIX/DER]

    Expresión ofensiva contra a divindade, contra algún símbolo relixioso ou algunha realidade que sexa obxecto de adoración, veneración ou culto.

    Ex: Xurar contra Deus constitúe unha blasfemia.

    Sinónimos: xuramento. Confrontacións: bocalada, herexía.
  2. s f

    Expresión ofensiva contra persoas ou cousas consideradas con especial respecto.

    Ex: Ese escrito é unha blasfemia contra a nación.

    Confrontacións: aldraxe, deosto, inxuria, ofensa.