Bloemfontein
Bloemfontein
Capital de Orange, Sudáfrica (104.381 h [1985]). Ten instalados no seu territorio dous importantes observatorios astronómicos: o Lamont-Hussev, situado en Naval Hill, e o Boyden Observatory, en Mazelspoort. Fundada no 1846 por granxeiros afrikaner que emigraron do Cabo, converteuse en 1849 na capital da colonia do río Orange e, no 1854, en capital do Estado Libre de Orange. Foi ocupada polos británicos do 1900 ao 1907. Actualmente é a sede do Tribunal Supremo de Sudáfrica.