Blum, Robert
Blum, Robert
Escritor e político. Durante a revolución de 1848 foi o líder dos demócratas saxóns, deputado liberal (1948) e vicepresidente do parlamento preliminar de Frankfurt. Enviado a Viena para alentar a revolta, encabezou unha compañía de milicianos que participou no motín que custou a vida ao ministro da Guerra Latoui. Unha vez ocupada a cidade por Windischgrätz, foi acusado de rebelión e, de seguido, fusilado.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Colonia -
Deceso
Lugar : Viena