Boccanegra

Boccanegra

Familia xenovesa datada desde principios do s XIII. Deu gran número de políticos, militares e financeiros, entre os que destacan: Simone Boccanegra (? - ? 1363). Primeiro duque de Xénova (1339-1344 e 1356-1363). Unha revolta popular e xibelina elevouno á cabeza suprema da República de Xénova, e unha conxura nobiliaria obrigouno a depoñer o poder (1344); no ano 1356 foi reelixido. Foi o protagonista da obra Simón Boccanegra (1843) de García Guttierrez, na que se basea a ópera homónima de Verdi (1857). Egidio Boccanegra (? - Sevilla 1367) foi almirante de Castela. Dirixiu as operacións navais do sitio de Algeciras (1342-1344) e estableceu o bloqueo marítimo de Xibraltar (1349). A causa da súa adhesión a Enrique II de Trastámara (1366), cando este perdeu a guerra foi executado. Ambrogio Boccanegra (? - Palma del Río 1373) foi almirante de Castela, nomeado por Enrique II. No ano 1372, a súa flota, no sitio de La Rochelle, derrotou a escuadra inglesa facendo prisioneiro ao seu comandante, o conde de Pembroke.