bohemio -mia
(< lat bohemiu ‘habitante de Bohemia’)
-
adx
Relativo ou pertencente a Bohemia, aos seus habitantes ou á Coroa de Bohemia.
-
s
Natural de Bohemia ou da Coroa de Bohemia.
-
s
Individuo pertencente ao pobo bohemio.
-
s
m
Lingua checa.
Ex: Teño un amigo de Praga que me escribe cartas en bohemio.
-
s
[HIST]
Nome dado aos individuos do pobo xitano que entraron na Península procedentes da Europa central, especialmente de Bohemia.
-
adx
Relativo ou pertencente aos bohemios.
Ex: Era unha persoa de costumes bohemias, nunca traballou cun salario fixo.
-
s
Artista que leva unha vida precaria e desordenada, desligada das convencións sociais. O termo foi posto en circulación co Romanticismo, cando a burguesía deixou de ser un movemento progresista e renovador, e o artista comezou a rexeitar a sociedade constituída. Co Naturalismo e co Impresionismo, o bohemio pasou a ser un auténtico marxinado.
Ex: Os bohemios da praza central manifestáronse contra as autoridades.
-
s
f
Tipo de vida que caracteriza ás persoas bohemias. Dende o século XVIII identificouse a vida bohemia cunha forma de vida desenvolvida á marxe da sociedade establecida, sen regras nin convencionalismos onde primaban o individualismo, o inconformismo, a oposición contra o capitalismo e contra o xeito de vida burgués. No século XIX, sobre todo a partir de 1830, xurdiu en Francia a bohemia romántica, constituída por artistas e estudiantes que se reunían nos cenáculos. Dela formaron parte Théophile Gautier ou Gérard de Nerval, entre outros. Entre 1859 e 1870, a bohemia converteuse nun proletariado artístico enfrontado á burguesía capitalista, como foi o caso de Baudelaire. Nos anos setenta e oitenta, constituíron a bohemia os chamados poetas malditos, como Verlaine, Rimbaud ou Corbière, partidarios dunha existencia desordenada, defensores do nihilismo, autodestrutivos, alcohólicos e representantes da literatura da decadencia. En Italia a bohemia denominouse scapigliatura e dela formaron parte, entre 1860 e 1880, Arrigo Boito e Giovanni Camerana, entre outros. Pola súa banda, a bohemia española concentrouse en Madrid dende finais do XIX ata 1920, con representantes como Alejandro Sawa, Ricardo Fuente, Pedro Barrantes ou Ernesto Bark, e atopou unha interpretación grotesta e deformada na peza dramática Luces de bohemia, de Ramón María del Valle-Inclán.
Ex: Góstame moito a bohemia de Santiago de Compostela.