Bohemondo

Bohemondo

Nome de varios soberanos de Antioquía. Bohemondo I (? 1050 - Canosa di Puglia 1111) Príncipe de Antioquía (1098-1104), foi xefe das forzas normandas da primeira cruzada. Vencedor no sitio de Antioquía (1098), foi liberado da vasalaxe ao Emperador e iniciou a expansión do principado de Antioquía, ata que foi derrotado polos turcos (1104). Loitou, sen éxito, contra o Imperio Bizantino (1107). Bohemondo II (Italia 1109 - Cilicia 1130) Príncipe de Antioquía (1126-1130), fillo de Bohemondo I e Constanza de Francia. Reconquistou Kafartâb (1127). Morreu loitando contra os turcos. Bohemondo III (? 1145 - ? 1201) Príncipe de Antioquía (1163-1201). Foi derrotado e feito prisioneiro (1164) polo sultán Nūr-al-Dīn cando loitaba en Exipto; pasou a Bizancio, onde prestou vasalaxe (1165). Participou na III Cruzada e asinou a paz con Saladino. Bohemondo IV (? 1171 - ? 1233). Príncipe de Antioquía (1201-1233), foi o primeiro conde de Trípoli (1187-1233) e recoñecéronselle os seus dereitos ao principado de Antioquía no ano 1201. Bohemondo VI (? 1235 - ? 1275) Príncipe de Antioquía (1251-1268). No 1268 o soldado de Exipto, Baibars, conquistou a cidade de Antioquía e Bohemondo refuxiouse no condado de Trípoli. Bohemondo VII (? 1255 - ? 1287) Cuarto conde de Trípoli e príncipe titular de Antioquía (1275-1287). Fracasou no intento de recobrar Antioquía (1281). Á súa morte, Trípoli pasou a mans dos mamelucos.