bólido

bólido

(

  1. s m [ASTRON]

    Masa de materia cósmica que procede da fragmentación dalgún corpo celeste e que atravesa a gran velocidade a atmosfera terrestre para, ás veces, estalar producindo aerólitos.

    Sinónimos: meteorito. Confrontacións: aerólito.
  2. s m
    1. Automóbil de competición ou calquera outro vehículo automóbil que alcanza unha gran velocidade.

      Ex: Sempre quixen un bólido de competición.

    2. Obxecto que se move a gran velocidade.

      Ex: Pasou coma un bólido por diante da miña casa.