Borraxeiros

Borraxeiros
  1. [ONOM]

    Borrageiros.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe orixinaria de Borraxeiros, en Agolada. Emprega as variantes gráficas Borrageiros, Borragueiros ou Borrajeros. As súas armas levan, en campo de goles, un carballo ao natural e, detrás del, unha barra de ouro; bordo tamén de ouro. Outros traen, en campo de goles, unha árbore de sinople, perfilada de prata, saínte da punta do escudo e, detrás dela, unha barra de ouro; bordo do mesmo metal.