Borraxeiros, pazo de
Borraxeiros, pazo de
Situado en San Cristovo de Borraxeiros (Agolada). De planta rectangular, está articulado en dúas alturas: planta baixa e piso. A cuberta é a catro augas. No interior alberga un patio central. As ameas e as torres nos ángulos danlle un aspecto de fortaleza. Conserva armas dos Salgado e dos Fiaños.