1 botón
(
-
s
m
[BOT]
Abrocho que aparece nos vexetais e que dá lugar a unha póla, unha folla ou unha flor.
Ex: Aínda non lles saíron os botóns ás árbores.
Sinónimos: gomo, xema. -
s
m
[BOT]
Chor que aínda non estendeu a corola.
Ex: Vouna agasallar cun ramo de botóns de papoula amarela.
Sinónimos: abrocho. -
s
m
[TÉXT]
Peza pequena xeralmente circular, plana ou alombada, de metal, óso, nácara, plástico, etc, recuberta ou non de tea, que soa ou con outras iguais, se cose aos vestidos e serve principalmente, pasándoa por un ollal ou por unha malla, para unir o bordo en que vai cosida ou como adorno en certas aberturas de moitas pezas de roupa.
Ex: Mamá! Pódesme coser o botón da camisa que quería poñela agora?
-
s
m
[TECNOL]
Peza móbil, xeralmente de dimensións reducidas, que se pulsa ou que se fai xirar, co obxecto de accionar un mecanismo, abrir ou pechar un circuíto eléctrico, etc.
Ex: Se non lle pulsas o botón non che vai funcionar!
-
s
m
[ANIMAL]
ostra portuguesa.
-
s
m
[ARTE]
Motivo ornamental de forma circular.
-
s
m
[DEP]
Bóla ou chapa de ferro que se pon na punta da espada ou do florete de esgrima para evitar que fira a estocada.
Ex: Mancárono porque o florete non tiña o botón.
-
[INFORM]
-
s
m
Círculo pequeno ou barra de forma rectangular que aparece dentro dun cadrado de diálogo en forma de ventana ou nunha páxina web. Cada botón representa unha opción que é posible escoller, sempre que non estean inactivos. Para seleccionar algo haberá que presionar nel co rato.
-
botón animado
Botón que amosa algún tipo de movemento de xeito automático ou ao pasar por riba del co rato, como os empregados para deseñar páxinas web co HTML dinámico ou DHTML.
-
botón de comando
Botón que realiza unha función cando se presiona nel. Usualmente ten forma rectangular e é de maior tamaño ca os de opción. Os exemplos máis familiares son os botóns de Aceptar e Cancelar que se atopan en case todos os cadros de diálogo. Se o botón de comando conduce a outro cadro de diálogo, veranse uns puntos suspensivos (...) despois do rótulo.
-
botón de inicio
Botón que ten o rótulo Inicio que está normalmente na pantalla cando se está executando Windows 95 ou a versión do 98. Presionando nel, pódese acceder a diversas aplicacións e a outras funcións do ordenador a través do Menú Inicio.
-
botón de opción
Botón que representa asignacións que se exclúen mutuamente, e polo tanto, soamente se pode seleccionar unha delas. Normalmente son pequenos e redondos.
-
botón de radio
Pequenos círculos dun cadro de diálogo, dos que soamente pode estar un seleccionado ao mesmo tempo. Son semellantes aos botóns de opción e mesmo funcionan habitualmente como aqueles, aínda que non necesariamente ofrecen varias alternativas.
-
botón de reinicio
Dispositivo instalado na unidade central de proceso do ordenador ou no teclado que permite pechar todas as aplicacións e lanzar de novo o sistema operativo co fin de corrixir o mal funcionamento do ordenador, para que este recoñeza un novo periférico ou por outras razóns.
-
botón de turbo p ext
Dispositivo, xa en desuso, instalado na caixa dun PC que permite ralentizar a velocidade da máquina para facela compatible con programas deseñados para funcionar en antigos ordenadores.
-
s
m
-
s
m
[MÚS]
Pequena peza circular, alombada, de madeira (ébano) ou de marfil, que sostén o cordal dos instrumentos cordófonos que constitúen un grupo dentro da familia dos laúdes, precisamente definidos por esta característica.
-
s
m pl
[XOGO]
Xogo popular de rapaces no que se produce un intercambio de botóns, con valor imaxinario, de diferentes cores e formas, ou un pagamento cos mesmos por ter perdido no xogo; este consiste en tiralos contra unha parede por quendas e gaña o que deixe o botón máis preto un do outro.
-
botón de presión
[TÉXT]
Par de pequenas pezas metálicas circulares, unha cunha espiga central e outra cun encaixe que, cosidas cada unha nun dos costados dunha peza de vestir, faise encaixar a presión co fin de abrochala. Tamén se denomina peche ou botón automático.
-
botón de ouro
[PLANTA]
Nome aplicado aos ranúnculos de flores con pétalos amarelos.
-
botón de lume
[MED]
Barra de ferro ou de aceiro terminada nunha bóla que se utilizaba para cauterizar.
-
botón de Murphy
[MED]
Instrumento que consta de dúas pezas metálicas, empregado en cirurxía para establecer unha anastomose entre dúas porcións seccionadas de intestino ou para realizar hemostasia.
-
botón de Oriente
[PAT]
Afección endémica en moitos países do Oriente Próximo e das costas mediterráneas, caracterizada pola aparición nas partes descubertas do corpo, e sobre todo da cara, dunha ou máis pápulas vermellas, duns 2 ou 3 cm de diámetro, que poden aumentar de medida e ulcerarse. É debida ao protozoo Leishmania tropica, que se transmite polo díptero do xénero Phlebotomus, e tamén se coñece co nome de leishmaniose dérmica ou cutánea.
-
botón terminal ou sináptico
[FISIOL]
Rexión presináptica do axón, contigua ao soma, a unha dendrita ou ao axón doutra neurona. Ten forma lixeiramente globular e contén multitude de vesículas sinápticas cheas de neurotransmisores.
-
botóns de puño
[TÉXT]
Xogo de botóns dobres para abrochar os puños das camisas.
Frases feitas
-
De botóns a fóra. Expresión que se emprega cando unha persoa fai algunha cousa deixándose levar só polas aparencias.