botulismo

botulismo

(< lat botul(i)

  1. s m [PAT]

    Forma grave de intoxicación producida pola inxestión de alimentos que conteñen a toxina botúlica, producida polo Clostridium botulinum, bacteria que se atopa no chan e no tracto intestinal dos animais domésticos. Os casos de botulismo humano están causados polo crecemento do microbio baixo condicións anaeróbicas en alimentos crus ou en conserva. A un pH inferior a 4,5 o crecemento da bacteria é imposible, en calquera alimento. Por esta razón, en tecnoloxía alimentaria, diferénciase entre condicións estipuladas para alimentos de baixa acidez (pH > 4,5) e condicións para alimentos de alta acidez (pH < 4,5). A porcentaxe máis alta de botulismo en conservas alimentarias deuse en conservas caseiras de baixa acidez, pois a elaboración doméstica de alimentos con frecuencia non pode cumprir con seguridade os parámetros tecnolóxicos da esterilización. Os síntomas característicos da intoxicación botúlica adoitan aparecer entre as 12 e 36 horas e son: debilidade, cefalxia, trastornos da visión e da salivación, náuseas, vómitos, diarrea, dor abdominal e alteración do sistema nervioso con parálise de diversos músculos, que pode chegar a provocar a morte.

  2. botulismo infantil [PAT]

    Tipo de botulismo, coñecido dende 1976, que afecta especialmente a nenos máis pequenos dun ano, orixinado pola inxestión de alimentos contaminados polo Clostridium botulinum. Crese que é a responsable do 5% dos casos de morte repentina dos nenos.

Palabras veciñas

botul(i)- | botúlico -ca | botuliforme | botulismo | Botzaris, Markos | bou | Bou