Bouts, Dirk ou Dieric Bouts
(Haarlem, Holanda 1420? - Louvain, Brabante 1475) Pintor neerlandés. As súas obras caracterízanse polo misticismo puro, pola obxectividade e a escenificación fría e hierática, evitando deste xeito caer no patetismo. A paisaxe, concibida como elemento da intimidade e da atmosfera, xunto coa cor, que une os distintos elementos da composición dun xeito heteroxéneo, son elementos básicos nas súas obras. Coidou moito os detalles e as vestimentas, as súas figuras teñen unha grande elegancia formal. Entre as súas obras destacan A xustiza do emperador Otto II, da Casa do Concello de Louvain e o retablo do Santísimo Sacramento da igrexa de San Pedro en Louvain (1464-1468). O seu estilo foi continuado polos seus fillos Dieric o Mozo (1448? - 1490?) e Aelbrecht (1450? - 1549).