Bouvines, Batalla de

Bouvines, Batalla de
[HIST]

Acción militar acontecida preto de Bouvines (Flandres valón) o 27.7.1214 entre o exército de Filipe II Augusto de Francia e as tropas da coalición formada polo Rei de Inglaterra Xoán sen Terra, o Emperador Otón IV, os condes de Flandres e Boulogne e o duque de Brabante. Gracias á vitoria de Filipe II Augusto, Flandres recibiu unha forte influencia francesa, así mesmo Francia asegurouse a conquista de Normandía, Maine e Anjou, e obrigou a Otón IV a aceptar o triunfo do seu rival Federico II.

Palabras veciñas

Bouvelles, Charles de | Bouvet | Bouvij, Paul | Bouvines, Batalla de | bouza | Bouza | Bouza Álvarez, Fermín