bouza
bouza
(< lat baltea ‘o que cingue’?)
-
s
f
Terreo de monte convertido en mato, inculto e con maleza.
Ex: A bouza estaba tan seca que ardeu.
Sinónimos: poula. -
s
f
Terreo cercado cuberto por matogueira e diversos tipos de árbores como piñeiros, castiñeiros ou carballos.
Frases feitas
-
Atoparse coma o que está/estar na bouza sen zocos nin zapatos. Estar nunha situación embarazosa.
-
Ceibar/meter(lles)/soltar os cans na bouza. Complicar unha cousa ou incitar para que aumente a discordia entre persoas.
-
Estar como tres nunha bouza cun zapato. Estar nunha situación comprometida.
-
Hoxe bouza e mañá cadaval. Hoxe descanso e mañá traballo.