Bovidense, estilo

Bovidense, estilo
[PREHIST]

Estilo principal da arte rupestre do Sáhara (V-II milenio a C), presente nos grandes macizos centrais (Hoggar, Tassili, Ennedi e Tibesti), no que se distinguen tres subestilos sucesivos. Caracterízase pola pintura, ás veces polícroma, e o gravado de grandes rabaños de bóvidos domésticos e figuras humanas, nas que se distinguen individuos dos grupos fulani (de feito algunhas das escenas representadas interpretáronse de acordo coa súa mitoloxía actual) e bérberes.