bóvido -da

bóvido -da

(< lat bos, bovis ‘boi’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos bóvidos.

  2. s m [ANIMAL]

    Mamífero da familia dos bóvidos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Familia de mamíferos, a máis numerosa da orde dos artiodáctilos, que inclúe os ruminantes: bois, cabras, gacelas, etc. Os dous sexos teñen cornos ocos de formas e medidas variables (aínda que os dos machos son máis grosos) que non se ramifican, crecen continuamente e nunca caen. Os bóvidos teñen, polo xeral, 32 dentes (ás veces 28) e carecen ou teñen moi reducidas as falanxes nos dedos superiores. A súa distribución xeográfica orixinal é moi ampla e viven en todos os continentes. En América Central, América do Sur e Oceanía esta especie, introducida polo ser humano, convive cos animais herbívoros autóctonos (rilladores, tilópidos e marsupiais). Dende a Antigüidade, moitas especies empregáronse como animais domésticos e teñen un grande interese e importancia para a economía humana. Dentro dos bóvidos distínguense as subfamilias dos bovinos, ovinos, caprinos e antilopinos.

Palabras veciñas

Bovet, Daniel | Bovet, Pierre | Bovidense, estilo | bóvido -da | bovino -na | Bovista | Bow, Clara