bovino -na
(< lat bovīnu)
-
adx
Relativo ou pertencente aos bovinos.
-
s
m
[ANIMAL]
Mamífero da subfamilia dos bovinos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Subfamilia de mamíferos, da familia dos bóvidos, que comprende individuos de grandes dimensións e de corpo macizo e pesado. Teñen o fociño longo, grande e sen pelo, un rabo longo, acabado nun pincel de pelos, e un pingallo característico no pescozo, a barbela. Carecen de suco, de glándulas lacrimais e de glándulas interdixitais. As femias teñen dous pares de mamas funcionais. Están moi estendidos e ocupan case toda a área propia da familia. Viven nas praderías e teñen sido empregados polo ser humano dende antano como animais domésticos.
-
gando bovino
[GAN]
Gando integrado por bois, vacas, becerros e outros representantes domésticos da subfamilia dos bovinos. Adáptase a diferentes tipos de explotación: intensiva ou totalmente estabulada, extensiva ou en réxime de pasto, e mixta ou semiestabulada. A súa alimentación baséase na forraxe verde ou ensilada e en pensos compostos. As enfermidades máis frecuentes que presentan son a glosopeda, a brucelose, a mastite e a tuberculose.