Bramapithecus
Bramapithecus
[PALEONT]
Xénero fósil, da familia dos homínidos, procedente do Mioceno superior e medio (15-7 Ma) da India e Paquistán, creado por Lewis a partir de varios fragmentos de mandíbulas inferiores no ano 1934. En 1964 Simons logrou identificar nun mesmo rostro os maxilares superiores de Ramapithecus coas mandíbulas inferiores de Bramapithecus, polo que os integrou baixo un mesmo taxon. Na actualidade considérase que o Ramapithecus é a forma feminina de Sivapithecus, pondo ao descuberto un novo caso de supersegregación taxonómica.