boaventura

boaventura

(< lat bona + ventura)

  1. s f

    Boa sorte, en xeral acompañada de felicidade.

    Ex: Despois de que solucionou todos aqueles problemas, gozou de boaventura.

    Sinónimos: dita, fortuna.
  2. s f

    Adiviñación supersticiosa da sorte ou do futuro das persoas, que fan as xitanas lendo as raias das mans.

    Ex: Unha xitana botoume a boaventura e dixo que ía casar moi nova cun home rico.

Palabras veciñas

Boas Novas | Boas, Franz | boato | boaventura | Boaventura | Boaventura, san | Boazo