brazola
brazola
(< catalán braçola < braç‘brazo’)
-
s
f
[PESCA]
Pequeno cordel de media vara ou máis ao que se unen varias picas no seu extremo para pescar. Emprégase na costa e nas rías en varias artes pesqueiras, e lévanse ao mar colocadas nunha esporta.
Sinónimos: brazolada. -
s
f
[MAR]
Rebordo vertical dun zapón ou dunha bañeira, que serve para impedir que a auga penetre no barco. As brazolas que protexen a bañeira na proa do pau chámanse rompeondas.