brazola
brazola
    
            (< catalán braçola < braç‘brazo’)
- 
            
                    s                  
    
            
                    f                  
    
    
                [PESCA]
        
        
                    Pequeno cordel de media vara ou máis ao que se unen varias picas no seu extremo para pescar. Emprégase na costa e nas rías en varias artes pesqueiras, e lévanse ao mar colocadas nunha esporta. Sinónimos: brazolada.
- 
            
                    s                  
    
            
                    f                  
    
    
                [MAR]
        
        
                    Rebordo vertical dun zapón ou dunha bañeira, que serve para impedir que a auga penetre no barco. As brazolas que protexen a bañeira na proa do pau chámanse rompeondas. 
