BRE

BRE
[INFORM]

Sistema que permite dar a coñecer as súas ofertas e demandas ás empresas de todo o mundo que buscan contactos na Unión Europea e viceversa. Funciona con carácter non confidencial e para empregalo as empresas completan un perfil cos datos referidos á súa actividade xunto co tipo de cooperación que desexan obter, e envíano ao seu BRE local ou á oficina central en Bruxelas. Estas ofertas e demandas son retransmitidas ao resto dos correspondentes BRE, establecidos en todos os países da Unión e nalgúns países de Asia, América Latina e África.