2 brea

2 brea

(

  1. s f [QUÍM/IND]

    Substancia pegañenta de cor vermella escura, bastante densa, obtida por destilación da madeira, do carbón mineral e doutras substancias orgánicas e, especialmente, como residuo da destilación do alcatrán (brea de petróleo, brea de alcatrán de hulla, brea de aceite de algodón, etc). Non é miscible coa auga e miscible co disulfuro de carbono e co benceno, úsase como aglomerante e como impermeabilizante en pinturas e para calafatear barcos.

    Sinónimos: breo.
  2. s f [IND]

    Mestura de cola, sebo e aceite empregada para calafatear e pintar madeira e enxarcias.

    Sinónimos: breo.

Palabras veciñas

Brdecka, Jirí | BRE | 1 brea | 2 brea | 3 brea | Brea | Brea de Aragón