Brea

Brea
[ONOM]

Apelido de orixe toponímica que remite ao latín tardío *vereda ‘camiño de cabalerías’. Documéntase no s XVI: “Jacome de Verea” (doc ano 1597 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 642), “Juan da Brea” (doc ano 1752 en Santiago 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 168). Actualmente, as formas maioritarias son as que presentan b- non etimolóxico.