Breda, Pacto de

Breda, Pacto de

Pacto establecido entre os protestantes e os católicos dos Países Baixos, co fin de opoñerse á aplicación, ordenada por Filipe II no 1564, dos editos tridentinos nos Países Baixos. Unha representación de 300 cabaleiros, reunidos en Breda o 2 de abril de 1566, presentáronlle un texto a Margarida de Parma, rexente de Filipe II, no que reclamaban a tolerancia relixiosa e a abolición da Inquisición.

Palabras veciñas

breco -ca | Breda | Breda | Breda, Pacto de | Breda, Tratado de | Bredero, Gerbrand | Bredig, Georg