brie*
brie*
s
m
Queixo francés de leite de vaca de pasta mol, suave e graxa, codia florecida cun sabor característico, semellante ao da noz. Hai varios tipos: os brie de Melun, máis madurado, aínda que existe fresco espolvoreado con carbón moído (o Melun Bleu) e os brie de Meaux, de maior tamaño, ambos con Denominación de Orixe (AOC), e os brie de Coulommier, o máis pequeno, o brie de Montereau, o de aroma máis forte, e o brie de Nangis; estes dous últimos case desaparecidos.