briefing*

briefing*
s m [COMUN]

Documento que o anunciante entrega a unha axencia de publicidade para que esta coñeza con detalle as características do produto que se vai anunciar, do seu mercado, do seu público obxectivo, así como os posibles elementos que integran o anuncio publicitario. Un briefing pode ser tan elaborado ou conciso como o anunciante desexe, pero o importante é que sexa claro e non esqueza ningún dos puntos claves que a axencia debe coñecer para que a publicidade sexa eficaz.