Brigate Rosse

Brigate Rosse
Nome científico: [BR]
[HIST/POLÍT]

Organización italiana revolucionaria clandestina. Fundada no 1969 por Renato Curcio e formada por elementos de extrema esquerda, dende o 1970 cometeu unha serie de atentados contra altos cargos e instalacións do estado. Tamén realizou diversos secuestros, a miúdo acabados en asasinato, como no caso de Aldo Moro, secuestrado en 1978. Moitos dos seus dirixentes iniciais están en prisión -entre eles Curcio- ou xa morreron en encontros coa policía. A finais de 1981 secuestraron a un xeneral estadounidense destinado en Verona, que foi rescatado pola policía en 1982, e, como consecuencia, produciuse a detención de numerosos activistas e o conseguinte debilitamento da forza do grupo.