brillante
brillante
(< brillar)
-
adx
Que desprende brillo ou que reloce.
Ex: O sol é a estrela máis brillante.
Sinónimos: coruscante, relucente, resplandecente. Confrontacións: fulgurante, radiante. -
adx
Que chama a atención por algunha calidade persoal.
Ex: O seu irmán foi un alumno brillante.
Antónimos: mediocre. Confrontacións: excelente, excelente. -
s
m
Diamante tallado.
Ex: Merquei un anel de ouro e brillantes.
-
adx
[ALIM]
Característica do viño, apreciable durante o proceso de cata, relacionado coa súa xuventude, transparencia e limpeza.