bubela

bubela

(< lat *upupella < dimupupa)

Nome científico: [Upupaepops, Fam dos upúpidos]
s f [ANIMAL/ORNIT]

Ave insectívora de 28 cm de lonxitude, de peteiro longo, ás largas e cola longa. A plumaxe é de cores rechamantes; ten a cabeza e o corpo de cor castaña rosada, as ás e a cola con raias brancas e negras, e presenta unha crista en abano, longa e eréctil. Desprázase cun voo ondulado, moi característico desta ave. É unha especie migradora, de orixe subsahariana e de presenza estival en Asia e Europa central e meridional, onde ocupa bosques abertos. Fai o niño en buracos, tanto de árbores como de valados e paredes, que se caracteriza pola gran cantidade de excrementos que emprega como función disuasoria.

Frases feitas

  • Facer como unha bubela. Cheirar moi mal.

  • Ter cabeza de bubela. Ser unha persoa atoleirada.

  • Ser unha bubela. Ser algunha persoa pouco seria.

Refráns

  • Cando canta a bubela, amaña todo para a sega.
  • Cando oías a bubela, deixa os bois e colle a gavela.

Palabras veciñas

Bubani, Prieto | Bubanza | Bubastis | bubela | Bubela | Bubela | Bubelo