bucal
bucal
(< boca)
-
adx
Relativo ou pertencente á boca.
Confrontacións: oral. -
aparato bucal
[ANAT/FISIOL]
Conxunto de pezas óseas, dérmicas, córneas, musculares, etc, que forman os elementos típicos da boca, especialmente os de finalidade mastigadora, prensora, dixestiva e de deglución do alimento.
-
dixestión bucal
[FISIOL]
Primeira parte da dixestión, que ten lugar na boca e que se manifesta xunto cos procesos de mastigación.
-
glándula bucal
[ANAT/FISIOL]
Cada unha das glándulas que verten as súas secrecións na boca, que acostuman ser dixestivas (salivais e mucosas illadas) e de función ofensiva (velenosas, anticoagulantes) ou defensiva (salivais, repugnatorias).
-
orificio bucal/cavidade bucal
[ANAT]
boca.
-
placa bucal
[BIOL]
Membrana do embrión dos vertebrados, situada inmediatamente por debaixo do cerebro e formada pola unión do arquénteron coa epiderme. Por perforación dá lugar á boca definitiva.