Budd-Chiari, síndrome de
Budd-Chiari, síndrome de
[PAT]
Tipo de hipertensión portal descrita polo médico inglés Wiliam Budd (North Tawton, Devonshire 1811 - Bristol? 1880) e polo médico austríaco Hans Chiari (Viena 1851 - Estrasburgo 1916), causada pola obstrución das veas suprahepáticas. Conleva unha ascite de insaturación rápida, hipertrofia hepática e circulación venosa subcutánea toracoabdominal.