Buonarroti, Filippo

Buonarroti, Filippo

Político. Xacobino, interveu activamente nas sucesivas etapas da Revolución. Despois da caída de Robespierre, permaneceu máis dun ano no cárcere onde coñeceu a Babeuf. Colaborou activamente na Conspiration de l’Égalité; fracasada esta, foi condenado e deportado a Oléron de onde saíu amnistiado por Napoleón. Participou, logo, noutra fracasada conspiración contra o emperador da que tivo que fuxir a Suíza. Membro dos carbonarios tomou parte no movemento nacionalista italiano, o que o levou a ser expulsado do país. Instalado en Bruxelas, escribiu Histoire de la Conspiration de l’Égalité (Historia da Conspiración dos Iguais, 1828).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Pisa, Toscana

  • Deceso

    Lugar : París