cabaliño

cabaliño

(

  1. s m

    Atracción infantil de feira que consiste nunha plataforma xiratoria accionada mecanicamente. Sobre ela instálanse diversos artificios, algúns teñen movementos autónomos: automóbiles, motos, barcos, animaliños, figuras fantásticas e alegóricas, etc. OBS: Úsase xeralmente en plural.

    Ex: O día da festa levouno a dar unha volta nos cabaliños.

    Sinónimos: carrusel.
  2. s m pl

    Nubes  que aparecen no ceo á noitiña, cando hai tormenta.

    Ex: Parece que vai chover porque hai moitos cabaliños no ceo.

    Sinónimos: cabalo.
  3. s m pl [ESPECT]

    Nos espectáculos públicos, os xogos acrobáticos e ximnásti-cos das compañías de exércitos ecuestres.

  4. cabaliño de mar [ANIMAL/ICT]

    cabalo de mar.

  5. cabaliño do demo [ANIMAL/ENTOM]

    cabalo do demo.

  6. cabaliños da guerra [XOGO]

    Xogo de nenos que consiste na formación de varios grupos constituídos cada un por tres nenos. Dous deles colocan os seus brazos nos ombros un do outro; o terceiro colócase á carranchapernas sobre os brazos dos seus compañeiros e loitan en bandos contra os outros grupos. A única variación do xogo é o intercambio de posicións entre os nenos.

  7. cabaliños de nenos [XOGO]

    Xoguete de cartón ou de madeira colocado encima dunha táboa con catro rodas, sobre o que soben os nenos.

Frases feitas

  • A cabaliño. Ir coas pernas abertas sobre os ombros. SIN: a cabalo, ás cabaleirolas, ás cabaliñas.

  • Ó cabaliño. Levar a alguén ás costas.

Palabras veciñas

cabalgar | cabalgata | cabaliñas, ás | cabaliño | Cabaliño | Cabaliño, o | 1 cabalista