cabaliño
(
-
s
m
Atracción infantil de feira que consiste nunha plataforma xiratoria accionada mecanicamente. Sobre ela instálanse diversos artificios, algúns teñen movementos autónomos: automóbiles, motos, barcos, animaliños, figuras fantásticas e alegóricas, etc. OBS: Úsase xeralmente en plural.
Ex: O día da festa levouno a dar unha volta nos cabaliños.
Sinónimos: carrusel. -
s
m pl
Nubes que aparecen no ceo á noitiña, cando hai tormenta.
Ex: Parece que vai chover porque hai moitos cabaliños no ceo.
Sinónimos: cabalo. -
s
m pl
[ESPECT]
Nos espectáculos públicos, os xogos acrobáticos e ximnásti-cos das compañías de exércitos ecuestres.
-
cabaliño de mar
[ANIMAL/ICT]
cabalo de mar.
-
cabaliño do demo
[ANIMAL/ENTOM]
cabalo do demo.
-
cabaliños da guerra
[XOGO]
Xogo de nenos que consiste na formación de varios grupos constituídos cada un por tres nenos. Dous deles colocan os seus brazos nos ombros un do outro; o terceiro colócase á carranchapernas sobre os brazos dos seus compañeiros e loitan en bandos contra os outros grupos. A única variación do xogo é o intercambio de posicións entre os nenos.
-
cabaliños de nenos
[XOGO]
Xoguete de cartón ou de madeira colocado encima dunha táboa con catro rodas, sobre o que soben os nenos.
Frases feitas
-
A cabaliño. Ir coas pernas abertas sobre os ombros. SIN: a cabalo, ás cabaleirolas, ás cabaliñas.
-
Ó cabaliño. Levar a alguén ás costas.