cadencia
(< lat cadentĭa)
-
-
s
f
Sucesión frecuente e regular de sons, imaxes, movementos, etc.
Ex: Fiquei aloulado contemplando o solpor e escoitando a cadencia das pingas de auga batendo nos vidros das ventás.
-
s
f
[DEP]
Número de pasos que realiza un atleta en carreira (ou de pedaladas que dá un ciclista) nun tempo determinado.
-
s
f
[IMAX]
Cantidade de fotogramas que son proxectados sobre a pantalla nun segundo.
-
cadencia de tiro
Número de tiros que efectúa unha arma de fogo por minuto.
-
s
f
-
s
f
[LING]
Distribución e combinación de acentos e palabras que dan o ritmo característico de cada idioma. Na entoación é a maneira de pechar os fragmentos melódicos da frase. A cadencia de enunciación ten a terminación grave, baixando a liña xeral da frase. O fenómeno de cadencia expresa a terminación absoluta dunha frase enunciativa.
Ex: Coa doce cadencia das súas palabras engaiola a calquera que o escoite.
Sinónimos: tonema. -
s
f
[LIT]
Distribución proporcionada e harmónica dos sons, acentos ou pausas tanto na poesía coma na prosa. Na métrica castelá, designa o tempo final da cadea rítmica que segue ao último acento, sen importar que haxa unha, dúas ou tres sílabas trala última acentuada.
Sinónimos: ritmo. -
s
f
[MÚS]
Disposición simétrica dos movementos e sons que coinciden cos tempos fortes da música de danza.
Sinónimos: compás, ritmo. -
[MÚS]
-
s
f
Conclusión ou caída dunha frase musical por mor da inflexión melódica sobre unha nota final de modo ou pola sucesión de harmonías que causan a sensación dun repouso suspendido ou definitivo. A teoría das cadencias, aparecida no s XII, contribuíu, a partir do s XVI, a definir a noción de tonalidade, ata o punto de basear toda a estrutura harmónica en series de cadencias en movemento de afastamento ou de retorno, con respecto á tónica.
-
s
f
Pasaxe de virtuosismo dun solista, que consiste na interrupción dunha cadea harmónica nun concerto ou noutra composición instrumental ou vocal, desenvolvendo o material temático cun estilo variado e cheo de fantasía. Orixinariamente, era o cantante ou o instrumentista quen a improvisaba, aínda que fose escrita polos mesmos compositores da obra.
-
s
f
Pasaxe de virtuosismo de ritmo moi ou pouco libre.
-
s
f
Trilo sobre a penúltima nota dunha cadencia propiamente dita.
-
cadencia á dominante
Repouso harmónico sobre o acorde de dominante precedido doutro acorde. Ten unha significación semellante ao que sería un signo de interrogación ou aos dous puntos da linguaxe escrita.
-
cadencia imperfecta
Resolución do acorde de dominante na primeira inversión do acorde de tónica. Dá sensación de suspensión, xa que o baixo queda parado a medio camiño cara á tónica.
-
cadencia interrompida
Fórmula cadencial na que o acorde de dominante non se resolve na tónica agardada, senón noutro acorde inesperado, xeralmente de submediante. Crea a sensación de suspensión.
-
cadencia perfecta
Movemento desde un acorde de dominante cara a outro de tónica, que crea unha sensación de repouso tonal completo.
-
cadencia plagal
Acorde de subdominante seguido doutro de tónica. Utilízase a miúdo despois da cadencia perfecta, destacando o sentido conclusivo.
-
s
f