Cádiz

Cádiz

Provincia de Andalucía (7.385 km2; 1.105.762 h [1996]). A capital é Cádiz. Integrada por 44 municipios, o seu litoral constitúe un dos espacios máis densamente poboados de España, cunha rede urbana policéntrica. A cidade de Jerez de la Frontera é o núcleo máis populoso; séguenlle a capital, Cádiz, Algeciras (principal porto mercante da Península Ibérica), San Fernando, El Puerto de Santa María, Sanlúcar de Barrameda, La Línea de la Concepción e Chiclana. Ata a creación da administración provincial, no primeiro terzo do s XIX, formaba parte do antigo Reino de Sevilla. A provincia incluía tamén a cidade de Ceuta, ata que esta se converteu en cidade autónoma en marzo de 1995.