calafateo
calafateo
(
-
s
m
Acción e efecto de calafatear.
-
s
m
[MAR]
Operación propia da construción e mantemento dos barcos de madeira. O calafateo consiste en encher con estopa as xuntas das táboas dos fondos, as cubertas e os costados do barco, e recubrilas logo con brea para impedir a entrada da auga. Os novos materiais empregados para as operacións de calafateo seguen mantendo, unha vez aplicados, a suficiente flexibilidade para ceder e manter estanco o peche das xuntas, que debido a cambios de temperatura, asentamento da estrutura, variación da carga ou outros motivos non conservan sempre a mesma anchura. O calafateo lévase a cabo tamén en embarcacións de casco metálico e, nese caso, aplícase fortemente o bordo dunha chapa contra outra para conseguir un peche estanco.