Calatañazor, Batalla de

Calatañazor, Batalla de

Batalla que tivo lugar o 30 de xullo do ano 1000, preto de Calatañazor, na actual provincia de Soria, entre unha coalición de tropas navarras, leonesas e castelás dirixidas polo conde castelán Sancho García contra os musulmáns de Almanzor. Aínda que as tropas cristiás saíron derrotadas, a lenda converteu esta loita nunha desfeita musulmana.