Caldebarcos, gándara de
Caldebarcos, gándara de
Complexo húmido, formado por pequenas lagoas, marismas e carrizais, orixinado pola acción da dinámica litoral sobre a desembocadura do río Valdebois, no extremo setentrional da praia de Carnota, no lugar de Caldebarcos da parroquia de San Mamede de Carnota, pertencente ao concello de Carnota.