1 caldear

1 caldear

(

  1. v t Antónimos: arrefriar.
    1. Pór quente un local ou estancia.

      Ex: Non é quen de estudar se non caldeas previamente o cuarto.

      Sinónimos: quentar. Antónimos: arrefriar.
    2. Elevar a temperatura de algo, especialmente dun forno.

      Ex: Precisamos caldear máis o forno para facermos os roscóns.

      Sinónimos: arroxar, roxar.
  2. v t

    Quentar o ferro ata poñelo candente, para así forxalo ou sometelo a algún tratamento.

  3. v t

    Avivar os ánimos dunha persoa.

    Ex: As súas arrogantes palabras caldeárono.

    Sinónimos: acender, quentar. Antónimos: calmar, tranquilizar. Confrontacións: axitar, excitar.
  4. v pron

    Poñerse quente unha cousa.

    Ex: Co sol do serán o interior do coche caldéase.

  5. v pron

    Aumentar de temperatura unha cousa.

    Ex: O forno caldéase axiña con esas videiras.

  6. v pron

    Volverse un ambiente tenso.

    Ex: Coa chegada do presidente caldeouse o ambiente.

Conxugar
VERBO 1 caldear
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caldeo
caldeas
caldea
caldeamos
caldeades
caldean
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caldeaba
caldeabas
caldeaba
caldeabamos
caldeabades
caldeaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caldeei
caldeaches
caldeou
caldeamos
caldeastes
caldearon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caldeara
caldearas
caldeara
caldearamos
caldearades
caldearan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caldearei
caldearás
caldeará
caldearemos
caldearedes
caldearán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caldearía
caldearías
caldearía
caldeariamos
caldeariades
caldearían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caldee
caldees
caldee
caldeemos
caldeedes
caldeen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caldease
caldeases
caldease
caldeasemos
caldeasedes
caldeasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caldear
caldeares
caldear
caldearmos
caldeardes
caldearen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
caldea
-
-
caldeade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caldear
caldeares
caldear
caldearmos
caldeardes
caldearen
Xerundio caldeando
Participio caldeado
caldeada
caldeados
caldeadas